O concepto de negocio de Xestiago, engloba distintos sectores relacionados coa vivenda, desde a Administración de Fincas, que constitúe o seu servizo estrela, pasando pola Intermediación Inmobiliaria e a Axencia de Seguros.
Somos unha empresa que non ten “empresas amigas”, buscamos os mellores presupostos de forma clara e transparente, os nosos ingresos proveñen exclusivamente dos nosos honorarios como administradores de fincas.
A través da nosa páxina web terá acceso a toda a información da súa comunidade, na súa casa, no traballo ou no móbil as 24 horas ao día.