Xestión de fincas
Ocupámonos de resolver todas as necesidades que teñen as Comunidades de Propietarios, proporcionamos un trato directo e participativo na xestión da súa comunidade, traballando conxuntamente para a prevención e solución de incidentes dunha maneira rápida e profesional, desenvolvendo un traballo serio e responsable, achegando o valor engadido das novas tecnoloxías.
Inmobiliaria
Servizos de mediación, asesoramento e xestión en transaccións inmobiliarias relacionadas coa compravenda e o aluguer. Estamos en continua adaptación aos avances tecnolóxicos, ofrecendo a maior atención e calidade xunto cun trato personalizado. Se vostede desexa comprar ou alugar unha propiedade inmobiliaria ofrecémoslle os nosos servizos de captación de maneira totalmente GRATUÍTA.
Seguros
Para finalizar o círculo de seguridade dos nosos clientes, especializámonos en seguros de fogar e de comunidades, cunha compañia de referencia nacional. Xestionamos os sinistros e as prestacións derivadas dos contratos de seguros subscritos, achegando a nosa capacidade técnica e negociadora, garantindo plenamente os seus intereses. A súa seguridade é o máis importante.